Mañá presentan en Sober un libro sobre a tradición oral do municipio

monforte / la voz

LEMOS

19 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

A asociación cultural O Colado do Vento presentará mañá o libro Un pouquiño de tradición oral no Concello de Sober, que publicou co apoio da Deputación. O acto celebrarase ás sete da tarde na biblioteca municipal e contará coa participación do grupo musical O Trícole.

É o terceiro volume que edita con este título o colectivo e, ao igual que os anteriores, reúne materiais recollidos directamente polos seus integrantes entre os veciños da zona. A publicación recolle diversos contos e lendas populares -moitas delas referentes á zona da ribeira do Sil-, cantigas, refráns e tradicións diversas, así como algunhas notas sobre toponimia. Na última parte do libro consígnanse os nomes de todos os veciños que colaboraron como informantes e a data e lugar de recollida.