Vicente Docasar despediuse onte de profesores e alumnos do Daviña Rey

Valoración Con: 1 estrela 2 estrelas 3 estrelas 4 estrelas 5 estrelas   votos ¡Grazas! Envíando datos... Espere, por favor.

Vicente Docasar, director do instituto de ensino secundario Daviña Rey desde hai 23 anos, despediuse onte dos seus compañeiros e dos alumnos do centro monfortino, que abandona a resultas da súa elección como deputado polo PSOE nas últimas eleccións autonómicas. Docasar, que tomará hoxe posesión da acta de parlamentario, non descartara nun principio seguir no Daviña Rey , posibilidade legalmente viable a condición de que renunciase a un dos soldos.

«Estar no Parlamento é un tema moi importante e seguir de director sería un fraude para o centro e para min mesmo, porque non lle podería dedicar o tempo que merece», dixo onte o novo deputado socialista.

Incógnita no PP

Polo que respecta a Julia Rodríguez, a súa entrada no Parlamento está supeditada á renuncia dalgún dos deputados electos por Lugo. Nas pasadas autonómicas, obtiveron a acta Raquel Arias e Susana López Abella, que tiveron responsabilidades no anterior Goberno e poderían optar de novo a algún cargo. A concelleira monfortina do PP acudirá hoxe ao acto de toma de posesión como invitada.