A Mostra de Cine do cineclub A Calexa estreará o filme "Birthday", rodado en Monforte

Francisco Albo
Francisco Albo MONFORTE

LEMOS

O programa comprende un avance da película de terror "Deil", filmada hai pouco en Sober

08 nov 2012 . Actualizado a las 16:18 h.

O cineclub A Calexa estreará o día 16 a curtametraxe Birthday, dirixida por Ana Lambarri e rodada en Monforte o pasado verán. Na mesma xornada proxectarase tamén o filme Un cobarde, de David Rodríguez, rodado no 2011 entre Monforte e A Pobra do Brollón, e un tráiler da curtametraxe Deil, do mesmo director, filmada o mes pasado na parroquia de Vilaescura, en Sober. Todos estes filmes foron producidos pola firma monfortina Amanita Films.

Ao mesmo tempo estrearase a mediometraxe Pecados, de Luis Noriega, filmada recentemente entre Vilalba e A Coruña. As dúas primeiras proxecccións desta obra ofreceranse de forma simultánea en Monforte e Lugo.

Todas estas proxeccións -xunto coa da curta Fame, do monfortino Manuel Valcárcel- formarán parte da duodécima edición da Mostra de Cine de Monforte organizada por A Calexe, que se desenvolverá entre os días 12 e 20. O programa comprende asimesmo as longametraxes Grupo 7, Shame, Moonrise Kingdom e The Guard, que poderán verse gratuitamente nos multicines Hollywood.