As cavidades descritas na publicación non foron obxecto de investigacións científicas ata hai poucos anos. As covas da Tara e de Río Pérez foron catalogadas en 1993. A de Pena Paleira foi descuberta no 2001, aínda que o traballo sitúa erroneamente esa data no 2007. A cova de Arcoia é coñecida desde hai moito polos habitantes de serra, pero as primeiras exploracións espeleolóxicas deste espazo leváronse a cabo en tempos bastante recentes.