«Quero pedir perdón»

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

Na educación que recibín inculcáronme dúas cousas que sempre me pareceron básicas. A primeira, que unha das prioridades do comportamento humano é non atravesar as liñas vermellas que cada quen teña establecidas segundo os seus valores. A segunda, que un pode actuar de boa fe, pensar que obra correctamente e sen embargo producir unha grande indignación e desilusión en moitísimas persoas.

Con respecto á miña postura á hora de decidir sobre se don Manuel Fraga Iribarne tería unha rúa co seu nome no concello que presido, penso que aquelas ensinanzas poden quedar en entredito e que o meu posicionamento provocou en moita xente indignación, desilusión, desprezo e un longo etcétera, aínda que eu tamén fun unha desas persoas que sufriu a represión e loitou contra a ditadura de Franco da que foi ministro o señor Fraga.

Son consciente de que a miña acción xa non ten volta atrás pero quero voluntaria e conscientemente pedir perdón a aquelas persoas (vivas ou mortas) que pola miña culpa hoxe se poidan sentir molestas ou desilusionadas, e fágoo asumindo en exclusiva a totalidade da responsabilidade con respecto ao grupo municipal que encabezo.

Sei que toda esta reflexión non cura o mal producido a esas persoas, pero cando a decisión de alguén (e mais no meu caso, que teño a responsabilidade que a cidadanía me deu) causa malestar e indignación, o mímimo que se debe facer é pedir perdón a todas e cada unha desas persoas, porque en última instancia teño que dicir que son as persoas quen máis me importa, sen querer dicir con iso que as ideas sexan secundarias