Un longo percorrido polo entorno do Sil con numerosos puntos de interese

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

A nova ruta foi sinalizada para que poida ser percorrida en ambas direccións, pero os responsables do trazado sinalan que a camiñada resulta algo máis fácil partindo de Doade, xa que algúns tramos pasan por zonas de forte pendente. O itinerario discorre na súa maior parte por camiños tradicionais, algúns dos cales estaban cubertos pola maleza desde había moito tempo.

O percorrido pasa por diversos lugares de notable interese paisaxístico e etnográfico, como a desembocadura do río Lor no Sil, as terrazas vitícolas do Eivedo, as adegas tradicionais de Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón), a ribeira de Vilar de Mouros, o muíño de López, a fonte de San Xermunde e o miradoiro de Pena do Castelo (Sober) e as aldeas abandonadas de Barxa e Froxende, en Monforte.

A sinalización comprende en total sete paneis, dous dos cales -que ofrecen un panorama completo da ruta- están situados nos dous extremos do itinerario.,

Guía da toponimia

A asociación O Colado do Vento, por outro lado, ten previsto complementar a actuación editando pola súa conta un folleto descritivo da ruta. Esta publicación incluirá unha relación dos nomes tradicionais dos accidentes xeográficos máis importantes que poden avistarse desde o camiño.