procedemento

En busca de recoñecemento oficial

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

Segundo se anunciou cando foi presentado o proxecto, a Deputación ocuparase de tramitar a homologación da nova ruta coa Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada, organismo que se encarga de recoñecer oficialmente estes itinerarios. Para obter a homologación é preciso que o ao menos o 90% do trazado discorra por camiños tradicionais de terra. Admítese que a ruta inclúa algúns tramos asfaltados, sempre que non cheguen aos 500 metros de lonxitude. Unha vez conseguida a categoría, a ruta debe pasar por revisións periódicas para comprobar que se mantén no estado esixido polas normas da federación. En caso de non cumprir estas condicións, a homologación podería ser retirada.