Un novo estudo repasa as obras arquelóxicas realizadas no templo de Santa Eulalia de Bóveda


30/09/2008 02:00 h

O director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, presentou onte na Galería Sargadelos a obra Santa Eulalia de Bóveda , unha memoria na que se inclúen as primeiras e as últimas intervencións arqueolóxicas realizadas tras o descubrimento do monumento, datado a comezos do século XX.

O fin desta publicación é divulgar «dun xeito científico e educativo as informacións dispoñibles sobre este conxunto arquitectónico». Os planos, reconstrucións e as fotografías do edificio completan este libro de gran importancia histórica.

A obra comeza cunha revisión, a cargo de Enrique Montenegro Rúa, da bibliografía xerada polo monumento e das tarefas de reconstrución levadas a cabo. Pouco a pouco e a través das páxinas, o lector sitúase nas últimas intervencións realizadas polos arquitectos Manuel Gallego e César Portela. E, por último, faise unha mención ao contorno paisaxístico que o rodea.

Votación
1 votos