«A ribeira do Miño é a miña lembranza da nenez»

Rodrigo Fernández
Roi Fernández CHANTADA

LEMOS

10 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Jesús Fernández López, natural de Escairón, leva xa anos vivindo en Cambre, na provincia da Coruña, pero isto non o levou a olvidar a súas raíces, temática sempre presente na súa obra. Imaxes impregnadas da cultura vitícola tradicional da ribeira do río Miño, a súa alfarería artesanal e da súa particular paisaxe conforman a obra deste pintor que se pode visitar na casa da cultura de Chantada. -¿Como xorde a súa afición a pintar? -Sempre me gustou a pintura, pero foi a mediados dos oitenta cando tomei esta actividade máis en serio e comecei a facer exposicións. Levo xa varias na Coruña, na Universidade, no Burgo... e tamén pola comarca de Lemos, en Monforte e no Círculo Saviñao. -¿Que técnica usa? -Principalmente pintura ó óleo pero tamén boto man do acrílico. -Polo que vexo priman os tonos cálidos -Cando pinto temática da Ribeira Sacra si, pero a miña especialidade son as paisaxes mariñas, que é donde poño máis sentido poético. E tamén o teño fácil porque aínda que son de Escairón a miña residencia está en Cambre. -¿Ten algún proxecto pendente? -Si, gustaríame probar un novo formato para a miña obra. Comezar a utilizar soportes de pequenas dimensións, para que os cadros sexan máis asequibles.