Ración dobre de concertos para o público monfortino

Francisco Albo
Francisco Albo MONFORTE

LEMOS

En directo | Oferta de música ao vivo Os músicos Marcos Teira e Miguel Costas actuarán á frente das súas formacións pola tarde e pola noite, respectivamente, en diferentes puntos da cidade

13 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?unha circunstancia non demasiado frecuente en Monforte, hoxe coinciden na cidade dous concertos con propostas musicais moi diferentes. Ás oito da tarde actúa na Casa de Cultura o grupo Marcos Teira Cuarteto, dentro do programa de concertos 4 x 4 , organizado polo Concello e a Consellería de Cultura. A entrada custa cuatro euros, que se reducen a dous para os nenos e xubilados. Máis tarde, ás doce da noite, actuarán no pub Caimán Miguel Costas y la Banda Turca. Neste caso, o concerto é gratuíto. Marcos Teira, natural da Pobra do Caramiñal e considerado como un dos mellores guitarristas galegos, cultiva diversos estilos, como o folk, o jazz, o rock e o flamenco. Tocou con célebres músicos como Rodrigo Romaní e Xosé Manuel Budiño, formou parte do grupo Psicofónica de Conxo e na actualidade colabora nas formacións Marful e Narf. En solitario gravou hai varios anos o disco Punta de Cabío . Polo que respecta a Miguel Costas, o seu nome está unido sobre todo ao de Siniestro Total, banda da que formou parte desde os seus inicios ata o ano 1997. É autor de moitas das letras e das músicas máis populares da mítica formación viguesa. Sen abandonar este grupo, creou en 1986 Aerolíneas Federales e máis tarde, xa desvinculado de Siniestro Total, foi o líder de Los Feliz. No concerto de hoxe. Miguel Costas interpretará diversos temas que compuxo na súa época como integrante de Siniestro Total e tamén recuperará algunhas pezas propias da súa etapa en Los Feliz.