As noticias, dentro dos exames

> Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

Dous galegos, Manuel Rial e Francisco Castro, irán a Washington a restaurar o Capitolio. Quedamos só coa a noticia ou a incorporamos ao desenvolvemento persoal do alumno?
Dous galegos, Manuel Rial e Francisco Castro, irán a Washington a restaurar o Capitolio. Quedamos só coa a noticia ou a incorporamos ao desenvolvemento persoal do alumno? RAMON LEIRO

Non publicamos en primeira páxina un título que induza directamente a que deba existir un exame de noticias importantes, o cal, talvez, non estaría mal de todo. En cambio, insistimos en que, dentro dos diversos temas sociais, matemáticos, xeográficos, históricos, ambientais? que entran nos exames clásicos, figuren tamén e sempre algunhas preguntas que definen, adornan, motivan, exaltan, concretan, valoran, actualizan os xa tradicionais coñecementos que os alumnos teñen das materias, áreas e disciplinas que estudan.

24 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Non é de recibo que alguén fale tecnicamente dun deporte e non cite sequera unha xogada, un partido, un xogador que lograra o imposible. Nin resulta estético falar de arte e non citar a noticia do último cadro que se expón no museo máis próximo ao barrio. Nin, por suposto, facer só preguntas de xeografía e historia sen aludir que aí, a uns quilómetros, estiveron, hai miles de anos, loitando pola súa vida os nosos queridos e atrevidos devanceiros.

Xa que logo, noticias dentro dos exames.

 

Adestramento co Test de  actualidade

Citámolo en primeira páxina e telo nesta dirección abreviada: goo.gl/CtdrjS. Ten, como ves, unhas seis variantes e é fácil de facer: Pregunta sobre unha noticia, Catro opcións de resposta, Ver resultados, Explicación de erros, Explicación de acertos, Saber máis sobre esa noticia.

Propómosvos un traballo en seis grupos, por exemplo, cunha noticia dunha materia distinta para cada grupo. Con esta actividade grupal propómonos tres obxectivos:

  • Un, que todos aprendamos a compor un test de actualidade sobre unha noticia.
  • Dous, que resolvamos facilmente os test de actualidade do Programa Prensa-Escuela.
  • Tres, que logremos que os nosos profesores, sexan da materia que sexan, non nos fagan só preguntas de contidos, senón tamén que nos pregunten no exame sobre noticias desa área, que diso sabemos unha chea porque lemos sempre o xornal.

Noticias por áreas

Cítase soamente o inicio do título da noticia. Copiándoo na lupa da web de La Voz de Galicia, sairache o texto enteiro. Lemos no grupo a noticia e construímos un test de actualidade, seguindo as seis variantes indicadas no adestramento.

 

COÑECEMENTO DO MEDIO

Cinco mil veciños sofren niveis de ruído superiores ao recomendado

Unha directiva aprobada no 2002 obriga aos Estados membros a enviar á Comisión Europea información relativa á avaliación e xestión do ruído ambiental, e para dar cumprimento a esta directriz o Ministerio de Medio Ambiente elabora un estudo sobre a poboación exposta a niveis acústicos elevados.(La Voz / 13/5/2017).

 

MATEMÁTICAS

«Así como o ADN está en todas partes, as matemáticas tamén»

Hai anos que as matemáticas saíron das aulas e as estatísticas para pórse ao servizo da sociedade a través das múltiples aplicacións que se poden obter co cálculo de probabilidades [...]. O profesor José Antonio Álvarez, nun seminario que impartiu onte na aula magna da Facultade de Matemáticas, centrouse nas aplicacións dea estatística e os números á xenética forense. (La Voz 12/5/2017)

 

LITERATURA

Carlos Casares, de pioneiro a clásico

Carlos Casares morreu prematuramente aos 60 anos, pero deixou unha obra tan ampla como variada, na que escribiu relato, novela, ensaio e creacións para lectores novos e mozos, ademais de varias traducións. [...] Casares puido concretar varias propostas que destacan polo seu carácter pioneiro, impulsado por un desexo de renovación da literatura galega. (La Voz 13/5/2017)

 

SOCIAIS

As oenegués reclaman no Día da Terra un cambio de modelo económico para evitar outra crise

Cincuenta das organizacións sociais e ambientais máis representativas de ámbito estatal aliáronse onte na plataforma Futuro en Común co fin de reclamar ao Goberno un cambio de modelo económico que evite unha nova crise. (La Voz, 23/4/2017)

 

XEOGRAFÍA

Xeografía do Vigo do XIX

Os tratados históricos compoñen un retrato da ría antes e despois da Reconquista na cidade. O porto sempre é protagonista. (La Voz 25/4/2017)

 

HISTORIA

A USC abrirá o próximo curso o primeiro Campus da Cidadanía mundial

Ninguén se atreverá a pór en dúbida a importancia das investigacións que o equipo do arqueólogo da USC Arturo de Lombera realiza en Cova Eirós (Triacastela). (La Voz 16/5/2017)

 

TECNOLOXÍA

Marcus Hutchins, o mozo británico de 22 anos que parou o ataque do virus WannaCry

Agora colabora co Centro de Seguridade Cibernética do Reino Unido e teme unha vinganza dos hackers. (La Voz 15/5/2017).

 

ARTE

Galicia labra a pedra do Capitolio

 «Chamáronme da Escola de Canteiros para preguntarme se estaba disposto a ir a Estados Unidos a traballar, e dixen que si, pero que había que ver as condicións. Cando me dixeron que era para o Capitolio, xa me chamou máis a atención».

 Francisco Castro Freijo ten 32 anos, casou en outubro e acababa de volver da súa lúa de mel en México cando recibiu a chamada e empezou a afacerse á idea de regresar ao continente americano. [...] Pero antes ten que ver a cara de seu primeiro fillos, que chegará contra finais de xullo. Fran é un dos dous canteiros de Pontevedra que participarán na restauración da sede do Congreso de Estados Unidos. Tanto el como Manuel Rial Pérez comezaron xa a conta atrás para plantarse [...] en Washington. (La Voz 16/5/2017)