Como cruzar unha estrada

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

Antes de cruzar a estrada hai que mirar ben cara aos dous lados
Antes de cruzar a estrada hai que mirar ben cara aos dous lados rocío ramos

19 oct 2016 . Actualizado a las 04:00 h.

¿Que aprendo? A con?ecer, aceptar e ter respecto a?s normas e regras na escola e na estrada. Que e? moi importante que, antes de cruzar, hai que mirar varias veces cara aos dous lados da estrada. Que ten?o que cruzar a estrada sempre en lin?a recta.

 Tarefa: No patio da escola coa axuda do profesor imos debuxar no terreo du?as lin?as paralelas separadas varios metros, simulando unha estrada.

 - Dentro delas colocaranse un ou dous compan?eiros, que fara?n de crocodilos.

- Os que estamos fo?ra das lin?as trataremos de pasar dun lado ao outro sen ser atrapados. Queda quen sexa pillado.

- O crocodilo representa os coches que circulan pola estrada.

 Materiais:

 Camiseta verde para o crocodilo.

 Competencias

 «¡Coidado co crocodilo!». Cando vou cruzar o meu obxectivo e? chegar ao outro lado sen distraerme con outra cousa.

 Obxectivo

 Debe quedarme claro que a u?nica forma va?lida de cruzar unha estrada e? sempre en lin?a recta, e evitar diagonais e cambios de sentido.

 

ACTIVIDADE:

 Nas seguintes series, encontra e rodea cun círculo os tres C. Mira ben de esquerda a dereita e de dereita a esquerda. Debuxa outras series con C no medio e que os demais compañeiros da clase intenten acertar.

0000000000C0000000000

00000C0000000000000

000000000000C0000

A NOTICIA

Educación reparte corazóns de luz para concienciar sobre seguridade viaria

A iniciativa consiste na distribución duns dispositivos led cos que se trata de fomentar condutas adecuadas

(La Voz, 20 de xuño do 2016) A prevención é a mellor receita contra os accidentes de tráfico: a Consellería de Educación iniciou esta semana o reparto de 4.000 corazóns luminosos entre 24 centros de primaria das catro provincias galegas. 

 O obxectivo desta campaña é concienciar ao alumnado sobre a importancia de coñecer e respectar as normas de seguridade viaria. A iniciativa consiste na distribución duns dispositivos led con forma de corazón -de feito, chamóuselles Latexos- cos que se trata de fomentar entre os escolares galegos condutas adecuadas. Deste xeito preténdese que os nenos aprendan a importancia de utilizar as sendas peonís e de camiñar pola marxe esquerda da calzada, isto é, polo lado do corazón, así como de facerse ver o máximo posible polos vehículos que circulan pola estrada para tratar de evitar accidentes.