Debaixo da tona está o corazón

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

Unha alimentación saudable é básica para o benestar, como saben os alumnos de Piñeiriño.
Unha alimentación saudable é básica para o benestar, como saben os alumnos de Piñeiriño. MARTINA MISER

Froitas de Galicia. Se queres colocar na diana froitas galegas, aquí tes una boa referencia na noticia dos rapaces do colexio O Piñeiriño

28 sep 2016 . Actualizado a las 09:27 h.

Dentro do bloque 1, «Como camiñar ao longo dunha estrada nunha zona rural», vimos anteriormente no curso pasado nesta páxina de La Voz de la Escuela catro unidades: Comezo o camiño, Móvome pola escola, Dona Prudencia, Guíome polo corazón. Hoxe metémonos na unidade 5: «Debaixo da tona está o corazón».

  • Que aprendo: Para ter unha vida saudable debo ter unha alimentación equilibrada e facer exercicio físico regular. Que a min?a mobilidade corporal e o feito de camin?ar a? escola esta?n relacionados co meu benestar e coa min?a sau?de.
  • Tarefa: No percorrido que fago a pe? de camin?o a? escola, ademais da froita ou comida que poida levar da min?a casa, vou recoller froitas de temporada (noces, castan?as, maza?s...) e amosarllas ao profesor e aos meus compan?eiros. Imos comparar os diferentes alimentos que son bos para Latexo e para min. Vou debuxar e facer esquemas das partes da froita e logo, se son boas para min, vounas comer.

Materiais:

  • Froitas. La?minas ou debuxos de ciencias da natureza sobre as partes das froitas.
  • A pira?mide alimenticia.

ACTIVIDADES

Guillerme Tell: Por parellas, cada un coa maza? que recolleu camin?o da escola. Coloc a o lapis a un palmo sobre a maza? do debuxo. Solta o lapis e, se lle da?s a? maza? do debuxo, daraslle unha dentada a? maza? do teu compan?eiro; pero se non e? asi? el comera? da tu?a. Lanzara? o lapis unha vez cada un ata que un remate a maza? do seu compan?eiro.

  • Necesitas ter un debuxo dunha diana nun papel. Busca en Yahoo: «Dibujo de una diana». Tes moitos! Escolle o que che guste mais.

NOTICIA PARA TRABALLAR

Froitas de Galicia. Se queres colocar na diana froitas galegas, aquí tes una boa referencia na noticia dos rapaces do colexio O Piñeiriño:

«Unha lección entre follas secas e froitas de temporada»

(R.?E. | Vilagarcía / La Voz, 28 de noviembre de 2013). Aínda que o termómetro se empeñe en convencernos de que xa chegou o máis cru do cru inverno, non se deixen enganar. Aínda estamos no outono. Os chans están alfombrados de follas secas e o arrecendo das castañas asadas aínda asalta a quen pasean pola praza de Galicia. Estamos no outono, si. E os rapaciños de infantil do colexio do Piñeiriño celebrárono onte ao grande.

Á festa do outono non lle faltaba nin gún detalle. Sobre as mesas estendéronse fermosos manteis en cuxa decoración os nenos traballaran duro. E, sobre o papel decorado, estendeuse un saudable festín construído a base de produtos de tempada. Había uvas, selectas mazás, castañas e froitos secos. Poida que nas súas casas, á hora de merenda, os rapaces poñan algunha pega para tomar calquera destes alimentos ?parécense tan pouco ás súas réplicas en gominola?. Pero onte, no cole e rodeados dos seus amigos, todos se atreveron a probar e saborear estes manxares.