Cinco gráficos para explicar o porqué das noticias

Jesús Garrido

LA VOZ DE LA ESCUELA

X

Presentamos 5 gráficos que poden ser útiles no xogo dual causa-efecto dunha noticia, cuxo texto completo debe buscarse na lupa da web de La Voz de Galicia para decatarse ben de que se trata. Bo traballo!

02 dic 2015 . Actualizado a las 05:16 h.

1Tea de araña

Os menores de 35 anos causan un terzo dos atropelos en Vigo

Case un terzo dos atropelos na cidade ocorridos no que vai de ano foron causados por menores de 35 anos que manexaban un coche ou moto. De cada cen atropelos en Vigo rexistrados este ano, 29 foron protagonizados por pilotos novos e outros 30 por condutores de entre 35 a 50 anos. Só unha quinta parte dos sinistros por arroiamento en Vigo hai que atribuílos a condutores con idades superiores a 60 anos. (La Voz, 22/11/2015)

X

  •  ACTIVIDADES: Tea de araña. Programa Prensa-Escuela. Guía del Profesor A: La Noticia / ficha A5/9.  
  •  A Dirección Xeral de Tráfico indica seis causas de accidentes. Escribe o título de cada causa no exterior da Tea de Araña: saída da vía / non respectar semáforos / invadir carril esquerdo / velocidade inadecuada / non respectar preferencia de paso / alcoholemia. Puntúa de 1 a 10 a influencia desa causa nos accidentes. Engade, ao teu xuízo, 2 causas máis no gráfico.

2 Espiral centrífuga

A sobreexposición ás pantallas afecta negativamente aos nenos máis pequenos 

Case sen darnos conta ímolo asumindo como natural. O bebé que se entretén cun xogo do teléfono móbil da súa nai, o neno de 2 anos que se divirte coa tablet do seu pai ou o de 4 que se pasa media tarde fronte á televisión. Hai xa uns anos a prestixiosa revista Pediatrics publicou un exhaustivo estudo sobre as consecuencias de expoñer de forma habitual aos bebés de 0-3 anos ás pantallas. O autor da investigación, Dimitri Cristackis, concluíu que cada hora de televisión diaria en menores de 3 anos aumenta nun 10 % o risco de presentar trastornos de atención na idade escolar. (La Voz,  25/03/2015)

X

  •  ACTIVIDADES: Espiral centrífuga. Programa Prensa-Escuela. Guía del Profesor A: La Noticia / Ficha A5/6     
  •  Coloca en cada un dos puntos A,B,C,D,E cada un dos pasos nos que. a teu xuízo, podería ir acabando la sobreexposición ás pantallas nos máis pequenos

3 Espiral centrípeta

Dúas artistas galegas presentan en Londres documentais para denunciar o exceso de residuos que produce a sociedade

As artistas galegas María José Arceo e Susana Sanromán están preocupadas polo medio ambiente e, en especial, polo impacto que ten o uso desmesurado de plástico e produtos electrónicos da nosa sociedade. Hoxe presentan en Londres os seus traballos dentro do festival anual Spain Now. Arceo leva un documental froito da súa participación no proxecto eXXpedition con outras 14 mulleres que viaxaron desde Martinica ata Lanzarote. «Trátase de crear conciencia sobre o aumento dos casos de cáncer e transmitir a proliferación de restos de plástico na auga», explica. (La Voz, 22/11/2015)

X

  •  ACTIVIDADES: Espiral centrípeta. Programa Prensa-Escuela. Guía del Profesor A: La Noticia / ficha A5/6-2      
  •  Si ves a foto que acompaña á noticia, comprobarás en que van acabando os excesos de residuos que se producen na sociedade. Agora hai que facer o camiño para atrás ata lograr o centro clave de onde parte todo isto: A que se debe ese punto final, pódese corrixir o punto inicial, como chegar por pasos A., B, C, D., E, ao X centrípeto, orixinal?

4 Espiña de peixe

A culpa de que nos maten non é nosa

O sangue das vítimas está aínda morna, pero unha boa parte da opinión pública europea non pon o foco nos asasinos, senón no perigo de islamofobia, a situación dos refuxiados sirios tralos ataques e a suposta sede de vinganza francesa. A esa primeira reacción séguelle a procura das causas. E nese capítulo cabe todo, agás que os únicos responsables de semellantes atrocidades sexan os bárbaros capaces de ametrallar a inocentes invocando unha interpretación medieval do islam. A responsabilidade é tamén de Estados Unidos por invadir Iraq, de Francia por combater o terrorismo en Siria, de Occidente por intervir en Oriente Medio, de Occidente pola súa pasividade en Oriente Medio, de Israel? (La Voz, 17/11/2015)  

X

  •  ACTIVIDADES: Espiña de peixe . Programa Prensa-Escuela. Guía del Profesor A: La Noticia / ficha A 5/8
  • Si te fixas no gráfico Espiña de Peixe, aparece na cola o sitio onde se escribe a noticia e na boca hai que escribir o efecto. E, ao longo da espina central, 3 espiñas na zona superior e 3 espiñas na zona inferior. Cada unha destas 6 espiñas ten unha serie de espiniñas.
  •  En cada grupo das 6 espiñas escríbense as 6 causas dunha noticia . E nas súas espiniñas os descritores, ou detalles máis concretos que describen mellor esas causas.
  •  É un pouco complicado o gráfico, pero é moi detallista para os que observan con precisión as causas dos acontecementos complicados, como se presentan, por exemplo, nesta noticia de ?quen ten a culpa de que nos maten?

5 Escaleira da abstracción

Un atractivo e eficaz tema de entrenamento para os alumnos na súa nova clase de Oratoria

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, comunicou recentemente no Parlamento (28/10/2015) que máis de 2.700 alumnos cursan por primeira vez no ensino obrigatorio de Galicia a materia de Oratoria, e algo máis de 3.000 están matriculados en Investigación e tratamento da información. (La Voz, 04/11/2015)

  •  ACTIVIDADES: A escaleira da abstracción axuda a definir con precisión a suposta causa (C) dalgunha noticia ou conflito e a pregunta (?) que xorde ?e iso por que?? ante a proposta desa causa. Os dous interlocutores van trazando dun xeito ascendente as causas (C) máis xerais ata que van concretando mediante preguntas do interlocutor () a abstracción, a causa máis elevada que nos dá unha visión máis básica do conflito ou dunha noticia importante.
  •  O diálogo adoita gravarse para elixir despois cal é o numero do paso (1, 7, 20, 25, o que for) máis práctico para aplicar unha solución.
  •  E ese debe ser o tema de algo que se defende na Oratoria e non falar por falar. O que importa é a solución práctica, posible, que responde á pregunta de fondo e dá unha resposta adecuada e realizable.