«Chove en Galiza»

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

07 may 2014 . Actualizado a las 12:18 h.

Poderiamos elixir tantos poemas que se nos fai difícil defender que este que vén a continuación sexa máis representativo de Díaz Castro ou mesmo dalgunha das súas etapas. Non obstante, pensamos que o lector coincidirá con nós en que é moi acaído ao húmido, e galeguísimo, inverno no que vivimos mergullados este ano.

Chove e máis chove, chove e rechove,

chove na probe casa do probe,

chove en Galiza, mais sen parar,

chove na terra, chove no mar;

bágoas dun pranto inestiñíbel,

chove unha choiva inesquecibel;

chove no esterco, chove nas rosas,

chove nas vosas, chove nas nosas.

Chove na espranza que leva o vento,

chove no amor e no tormento,

chove no orfiño que está a chorar,

chove na moza que vai casar.

Chove na laxe e no laxeiro,

chove no barro e no barreiro;

chove na noite, chove no albor

do novo día, «meu doce amor»;

chove nas beiras e nas ribeiras,

chove nas chousas, chove nas leiras.

Chove nos condes, e nos marqueses,

chove nos días, chove nos meses...

(Publicado na revista

Dorna, n.º 17, xaneiro de 1991)