A Terra: ideas para traballar na clase

> Jesús Garrido cursosrepeducador.es

LA VOZ DE LA ESCUELA

ÁLVARO BALLESTEROS

Buscámoslle noticias, que é o noso, sobre estas 6 pragas das que nos informa o PNUMA en primeira páxina. Se escribes o título de cada noticia no buscador de www.lavozdegalicia.es atoparás a noticia enteira. ¡Imprescindible ler cada unha para as túas actividades! Auga doce, diversidade biolóxica, cambio climático, refugallos de produtos químicos, enerxía, mares e océanos, Terra.

17 abr 2013 . Actualizado a las 12:13 h.

(La Voz, 3/10/2012) Talvez un dos problemas que acompañan o desenvolvemento das campañas que promoven o aforro de auga en moitos lugares é que vivimos nun mundo no que tres cuartas partes da súa superficie está cuberta por auga [...]. Pero, aínda por riba, dese 3 % de auga doce que nos queda, a maior parte está formando os glaciares polares e de montaña, e outra parte atópase no chan. [...]. Por exemplo, en Hong Kong, unha das grandes cidades onde a auga escasea, recórrese amplamente a auga de mar para encher os depósitos dos inodoros, conservando á auga doce para necesidades fundamentais. ¿Non poderiamos facer aquí o mesmo?

n ACTIVIDADE: Pescuda a túa pegada hídrica, cos datos que che dá Fran Armesto ao final do seu artigo.

1. AUGA DOCE

A auga é un dereito escaso

(La Voz, 20/3/2013) A Hora do Planeta. Por sétimo ano consecutivo, o Fondo Mundial para a Natureza (WWF, polas súas siglas en inglés) convocou a miles de cidades de todo o mundo a participar nun simbólico apagamento mundial, que levará a cabo entre as 20.30 e as 21.30 horas de cada uso horario. A Hora do Planeta xa ten un xogo propio: WWF e a Fundación AXA lanzaron ademais un xogo para que os mozos constrúan un mundo enerxeticamente sostible e responsable co medio ambiente.

n ACTIVIDADE: Conecta á dereita con Saber Máis e verás as marcas dos animais: o máis alto, depredadores, o máis rápido, o máis forte e moitos máis.

2. BIODIVERSIDADE

As marcas da biodiversidade

(La Voz, 20/3/2013) A concelleira de Cultura, Ana Fernández, e o director da Casa das Ciencias, Marcos Pérez Maldonado, presentaron o novo programa do Planetario titulado Enerxía para a vida. Tras case 30 anos en activo e sorprendendo aos coruñeses e coruñesas con propostas orixinais que intentan achegarnos á ciencia de forma divertida, a Casa das Ciencias, a través do seu Planetario, presenta o novo programa, que ten unha duración de 40 minutos. Nel abórdanse as distintas fontes enerxéticas, tanto renovables como combustibles fósiles, ademais da enerxía nuclear.

n ACTIVIDADE: Buscade na Hora do Planeta con esas siglas WWF e Fundación AXA e teredes o xogo en liña My Green Energy Planet.

3. CAMBIO CLIMÁTICO

Apagamento mundial o 23 de marzo contra o cambio climático

(La Voz, 13/5/2012) O 70 % das empresas do polígono San Cibrao produce residuos perigosos. O tratamento dos residuos dos polígonos industriais ourensáns estivo durante varios anos sobre a mesa de concellos e autoridades ambientais. Anualmente o polígono de San Cibrao xera 8.000 toneladas de residuos, dos que o 21,1 % (unhas 1.630 toneladas) corresponden a sustancias perigosas. A xestión destes residuos é na actualidade un dos problemas cotiáns máis graves en cada centro de traballo.

n ACTIVIDADE: Chama ao polígono e mira a quen facer unha entrevista para o voso concurso: 988 228 902 / multiusos@poligonosancibrao.com

4. RESIDUOS PERIGOSOS

O 70 % das empresas do polígono de San Cibrao producen residuos perigosos

(La Voz, 9/5/2012) O concepto de biodiversidade tan só se fixo popular a finais do século pasado. Como os xogos olímpicos, tamén a biodiversidade beneficiouse da modernización dos medios de comunicación. ¿Olimpíadas de biodiversidade? Oxalá que algún día as nacións compitan, tamén, por demostrar cal delas fai maiores esforzos por conservar as súas especies animais e vexetais, os seus ecosistemas e hábitats, cuxa existencia, como se demostrou tantas veces, é fundamental para o benestar de mozos e maiores.

n ACTIVIDADE: Non deixes de velo: unha animación de vídeo a cúpula completa («fulldome») permitirache voar sobre os rañaceos de Manhattan.

5. ENERXÍA

O Planetario da Coruña engade o programa «Enerxía para a vida»

(La Voz, blogues, 27/1/2013) Máis de 1.000 delegados de 26 países reuníronse en Tromso, a bela cidade do norte de Noruega, para participar no congreso internacional Arctic Frontiers. Pero ¿a que se debe que este ano o repetido evento teña tanto poder de convocatoria? ¿Que é o que levou a tantos representantes gobernamentais, oito ministros e máis de vinte embaixadores, científicos, xornalistas, ecoloxistas a esa pequena cidade do norte de Noruega?

n ACTIVIDADE: Continúa a lectura do blog e ofrecerache datos da perda da superficie xeada, dos países árticos e das campañas de grupos pola súa salvación.

n RECURSOS

A) Informe do PNUMA: bit.ly/10AR8AK

B) Actividades e vídeos para o Día da Terra: bit.ly/10I6x0C

6. MARES E OCÉANOS

Salvagardar o Ártico