Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil 2012-2013

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

Na categoría Xuvenil e nivel ESO, o traballo consistirá nunha entrevista que incluirá foto e perfil do protagonista
Na categoría Xuvenil e nivel ESO, o traballo consistirá nunha entrevista que incluirá foto e perfil do protagonista ÓSCAR CELA

O Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, S.A., desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre en colaboración coa Obra Social de Novacaixagalicia, convoca para o curso escolar 2012-2013 a décima edición do Premio Mellor Xornalista Infantil e XuvenilACEPTACIÓN DAS BASES E PROTECCIÓN DE DATOS E MAIS TODOS OS PREMIOS NA PÁXINA 8

09 ene 2013 . Actualizado a las 13:25 h.

Obxectivo: O concurso, aberto a toda a comunidade escolar galega, busca que os alumnos, desde educación infantil ata bacharelato e formación profesional, se familiaricen coa lectura e o manexo do xornal e desenvolvan a súa capacidade de exposición e redacción baseándose en informacións publicadas na edición impresa ou dixital de La Voz de Galicia (Mellor Xornalista Infantil) ou mediante traballos orixinais de elaboración propia (Mellor Xornalista Xuvenil).

CATEGORÍAS

Mellor xornalista infantil

A. Alumnos de educación infantil e de primeiro e segundo de primaria

B. Alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria e de educación especial

Mellor xornalista xuvenil

A. Alumnos de educación secundaria obrigatoria

B. Alumnos de bacharelato e de formación profesional

MELLOR XORNALISTA INFANTIL

n Participantes. Nesta categoría poderán participar, individualmente, os alumnos de educación infantil, primaria e especial de calquera centro escolar de Galicia.

n Niveis. Establécense dous niveis: un primeiro nivel para os alumnos de educación infantil e primeiro e segundo de primaria; un segundo nivel para os alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria e alumnos de educación especial.

n Traballo e pautas

n Os alumnos do primeiro nivel deberán realizar un debuxo que ilustre unha noticia publicada no xornal e copiar ou pegar o titular da noticia. O debuxo realizarase a man sobre a maqueta oficial que se pode descargar da páxina web de Prensa-Escuela (www.prensaescuela.es), no apartado Concursos.

n Os alumnos do segundo nivel deberán seleccionar unha noticia do xornal e escribila libremente, ao seu xeito, sen copiala textualmente, e ilustrala cun debuxo. A redacción da noticia realizarase ben a man, tras imprimir a maqueta oficial do concurso dispoñible na páxina web de Prensa-Escuela (www.prensaescuela.es), no apartado Concursos, ou ben directamente no ordenador. O debuxo que ilustrará a información realizarase a man sobre a maqueta.

n Criterios de valoración. O xurado terá en conta a orixinalidade e calidade do debuxo, tanto dos alumnos do primeiro como do segundo nivel, e valorará tamén a expresión escrita, a claridade na redacción da noticia e a ortografía dos textos que redacten os alumnos do segundo nivel.

MELLOR XORNALISTA XUVENIL

n Participantes. Nesta categoría poderán participar alumnos de educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e formación profesional (FP) de calquera centro escolar de Galicia.

n Niveis. Establécense dous niveis, un para alumnos de ESO e outro para alumnos de bacharelato e formación profesional. Os alumnos de ESO poderán participar na modalidade de entrevista. Os alumnos de bacharelato e FP participarán na modalidade de artigo.

n Pautas para os alumnos de ESO

n Os participantes realizarán un traballo orixinal, de forma individual, que deberá consistir nunha entrevista a unha persoa que o alumno considere de interese. Constará, como mínimo, de oito preguntas e irá acompañada dunha fotografía e do perfil do entrevistado.

n Para o desenvolvemento do traballo atopará material de apoio na páxina web de Prensa-Escuela, no apartado Concursos.

n Pautas para os alumnos de bacharelato e FP

n Os participantes realizarán un traballo orixinal, de forma individual, que deberá consistir na redacción dun artigo xornalístico sobre un tema de libre elección.

n Para o desenvolvemento do traballo atoparán material de apoio na páxina web de Prensa-Escuela, no apartado Concursos.

n Presentación. Os contidos elaboraranse no ordenador, directamente sobre as maquetas oficiais (unha por cada modalidade) colgadas na web de Prensa-Escuela (apartado Concursos), aténdose rigorosamente ás instrucións que figuran nelas.

n Criterios de valoración. Avaliarase o interese dos traballos, o estilo xornalístico, a corrección gramatical e a presentación da páxina.

En ambas as categorías, a infantil e a xuvenil, os profesores deberán coordinar e revisar o traballo dos alumnos, ademais de orientalos na súa elaboración. Os docentes responsabilizaranse da autoría real e orixinalidade dos traballos que se presenten a concurso e, así mesmo, velarán por que o seu contido non sexa ilícito, ofensivo ou discriminatorio, nin lesione bens ou dereitos, incluídos dereitos de imaxe, de terceiros.

IDIOMA

Os traballos poderán presentarse en castelán ou galego.

PRAZO E ENVÍO DE TRABALLOS

Os traballos deberán ser remitidos, antes do 30 de abril do 2013, á seguinte dirección:

Premio Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil

Programa Prensa-Escuela. La Voz de Galicia

Avenida de la Prensa, 84-85

Polígono Industrial de Sabón

15142 Arteixo. A Coruña

n Tamén poderán entregarse persoalmente en calquera das delegacións do xornal ou enviarse por Internet á seguinte dirección: prensa-escuela@lavoz.es

Na maqueta que conteña o traballo cubriranse os datos do autor, os do profesor responsable da supervisión do traballo e os do centro de ensino ao que pertencen ambos.

Os participantes menores de 14 anos deberán cubrir así mesmo a autorización que se incorpora ás bases e remitila xunto co traballo (a ser posible grampada), por correo postal, debidamente asinada polos seus pais ou titores legais, á dirección indicada anteriormente.

XURADO

A valoración dos traballos correrá a cargo dun xurado integrado por xornalistas e pedagogos, cuxa composición comunicarase oportunamente.

DITAME

O ditame do xurado será inapelable e os premios non poderán ser declarados desertos. Os premios entregaranse na décimo sexta festa fin de curso do programa Voz Natura, que terá lugar no mes de xuño do 2013. Con carácter previo, nunha data aínda por determinar, comunicarase o ditame do xurado, que se publicará no suplemento La Voz de la Escuela e na páxina web de Prensa-Escuela.