Xornada de «amizade, solidariedade e celtismo» en Baiona

La Voz VIGO

ZONA CELESTE

CEDIDA

A peña Arribada Celeste organizou o seu tradicional torneo de peñas a beneficio de Ayuda al Mundo Necesitado y Bai Sen Pulgas

25 jul 2016 . Actualizado a las 11:58 h.

O torneo de peñas organizado pola baionesa Arribada Celeste converteuse xa nunha tradición de cada verán. A cita era onte e neste caso contou coa participación de equipos das agrupacións Irmandiños 1923, Comando Celta, Natxo Insa e un combinado da celtista Zeru Urdin e a do Athletic de Bilbao Euskla Lions. Esta última resultou vencedora ao impoñerse nos penaltis á anfitrioa na final.

«É un pracer traballar para organizar eventos coma o que onte vivimos en Baiona. Gran xornada de amizade, solidariedade e celtismo», valoraron desde Arribada tras finalizar a xornada. O celtismo e o fútbol eran en realidade as excusas para a recollida de alimentos para a ONG local Ayuda al Mundo Necesitado, así como material para a protectora baionesa Bai Sen Pulgas.