O celtismo celebra o Día de Galicia

La Voz VIGO

ZONA CELESTE

César Quian

Peñas e persoas vencelladas ao clube conmemoran a celebración a través das redes

25 jul 2016 . Actualizado a las 21:14 h.

A festividade do 25 de xullo, Día de Galicia, non está a pasar desapercibida para o celtismo. Desde primeira hora da mañá foron moitas as peñas, así como algúns ex xogadores galegos canteiráns do equipo como Iago Bouzón ou Pablo Couñago os que quixeron expresar as súas felicitacións nesta data. Os medios oficiais do clube tampouco se esqueceron:

Tamén o porteiro do primeiro equipo Sergio Álvarez, natural de Catoira, quixo lembrarse desta data. Fíxoo con varias fotos da súa recente participación nun partido amigable coa selección galega. Dáse a circunstancia de que o outro porteiro galego do Celta, Rubén Blanco, naceu un 25 de xullo, polo que hoxe celebra os seus 21 anos.