O alcalde de Balaídos

Xosé Ramón Castro
X. R. Castro FONDO NORTE

GRADA DE RÍO

13 jun 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Iago volta á casa. Logo de dous anos de campaña, con maioría absoluta logo da descomunal aposta económica de Mouriño, e con cerimonia de investidura por diante que promete. Seguramente sexa a noticia máis desexada e esperada por unha morea de celtistas, pero o moañés volta a un equipo moi diferente ao que deixou, e faino con moitas cousas que demostrar. Ninguén lle pode negar os servizos prestados e os réditos económicos que lle deu ao clube da súa vida, pero o primeiro que ten que facer é entender o presente para saír a ombros no futuro. Seguramente o día que se xubile. A ecuación da volta de Aspas é sinxela. Pode ser un extraordinario xogador para o Celta de futuro, pero se chega como o fixo Nolito no seu día. Para medrar dende o punto de partida, sen currículo deportivo nin ADN celtista de por medio. Por eso, Iago debe entender que chega a un clube igual en valores e filosofía, pero que no deportivo en nada se parece ao que deixou.