Un sorteo pechará as Xornadas Gastronómicas de Bergantiños

La Voz LA VOZ | CARBALLO

CARBALLO

08 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

As Xornadas Gastronómicas e Culturais organizadas pola Asociación de Hostalería de Bergantiños, rematarán o vindeiro martes cun sorteo. Os clientes que acudiron aos establecementos participantes recibiron un boleto para a rifa de catro viaxes organizados de forma conxunta por hostaleiros e as bodegas que promocionaban os seus viños. Os gañadores, deste xeito, poderán gozar dunha estancia de dous días no balneario de Laias, unha noite no parador de Mondoñedo, outra nun hotel de tres estrelas e outra en Santiago. O sorteo será ás 21.00 horas no mesón As Viandas de Carballo.