Nunca máis un Parlamento sen ti

Luís Villares
Luís Villares TRIBUNA

GALICIA

21 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

En Marea fará do Parlamento non só a caixa de resonancia das demandas e necesidades sociais, senón que achegará tamén propostas que configuren o programa de goberno que nós impulsariamos, concitando para iso o entendemento de todo o arco progresista da Cámara. Así, combinaremos traballo de denuncia con propostas de leis e normas que redundarían xa nunha mellora do benestar da maioría social. Accións reais para recuperar o medio rural sobre a base da agrogandeiría, medidas urxentes contra a exclusión social ou o impulso da banca pública galega. Non renunciamos a que nesta lexislatura materialicemos parte destas propostas e, para iso, En Marea, como partido galego soberano de participación individual, contamos coa forza de poder multiplicar os nosos escanos. Farémolo co apoio dunha cidadanía activa coa que estaremos en permanente colaboración na tarefa de restaurar o benestar social e os dereitos arrasados pola troika, incluído o radical dereito democrático de Galicia a decidir o seu futuro.