«Gustaríame que fora un pacto extrapolable a outros ámbitos»

e.g.s. LUGO / LA VOZ

GALICIA

ALBERTO LÓPEZ

Elena Candia sabe moi ben canto necesitan os concellos do apoio económico do organismo provincial

29 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A voceira do PP na Deputación de Lugo é, ademais de presidenta provincial do partido, a alcaldesa de Mondoñedo. Por iso sabe moi ben, como Darío Campos, alcalde de A Pontenova, canto necesitan os concellos do apoio económico do organismo provincial. «Aos concellos cústalles vivir sen á axuda da Deputación, di Candia.

-¿O acordo PP-PSOE para o presuposto é trasladable a outros campos, como o autonómico ou o nacional?

-A etapa das maiorías absolutas hexemónicas desapareceu. Os partidos que teñen máis representatividade están obrigados a traballar, polo menos no importante, por aquelo que os une. No caso da Deputación de Lugo a única opción de acordos con estabilidade é co PP.

-¿Que opinaron nas esferas de goberno do PPdeG?

-Non houbo ningunha opinión negativa no partido. Destaco que a opinión de moita xente na rúa é moi positiva.

-O BNG di que o orzamento está cheo de prebendas para os concellos do PP...

-Non é así. O BNG demostra descoñecemento de como funciona a Deputación. O acordo asegura un reparto xusto dos cartos e blinda o SAF e os plans de obras e emprego.