«No 2009 tiñamos no centro 650 estudantes. Hoxe temos 1.080»

T. M.

GALICIA

SANDRA ALONSO

O director do centro de FP integrado Compostela recoñece que o aumento da demanda de estos estudos frenouse nos últimos anos

31 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O centro de FP integrado Compostela é un dos de maior demanda da comunidade e está especializado na rama de Hostalaría e Turismo. Ramiro Esparís recoñece que nos últimos anos a auxe foi decaendo un pouco.

-¿Cando comezou este incremento de matrícula?

-Pensamos que este ano pode haber unha menor demanda porque o ano pasado xa caeu un pouco. No curso 2014-2015 rondaban as tres solicitudes por praza. Caeu ao recuperarse a inserción laboral.

-¿A crise foi determinante para o crecemento da demanda?

-Foi unha parte importante. Levo en educación moitos anos e tanta demanda como nestes últimos sete ou oito anos nunca houbera. Cando eu comecei de director, no 2009, tiñamos no centro 650 estudantes. Este ano son 1.080.

-¿A auxe pode deberse a outros factores?

-A hostalería ten moito tirón nos medios de comunicación, hai moitos programas de cociña e iso fai que se difunda a nosa oferta sen que teñamos que saír a divulgala.

-¿Cal é o perfil do estudante do seu centro?

-Está o dos rapaces que rematan a ESO e empezan un grao medio e repuntan tamén os superiores, con alumnos que rematan o bacharelato e queren estudar unha profesión. E arredor dun 10 % dos alumnos son titulados universitarios que queren mellorar a inserción laboral.