Traballos ganadores do concurso Mellor Periodista Infantil e Xuvenil 2015

La Voz

LA VOZ DE LA ESCUELA

Scan

A duodécima edición do concurso Mellor PeriodistaInfantil e Xuvenil, convocado polo Programa Prensa-Escuela, dá a coñecer os ganadores

28 may 2015 . Actualizado a las 16:42 h.

> CATEGORÍA INFANTIL NIVEL A (INFANTIL, 1.º E 2.º DE PRIMARIA)

A duodécima edición do Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil, que convoca o Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, mobilizou a miles de estudantes de toda Galicia. O programa educativo que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre convocou dúas modalidades na categoría infantil, na que os máis pequenos debían debuxar unha noticia e acompañala dun texto, máis sinxelo para os máis cativos, e outras dúas na categoría xuvenil, que propuñan elaborar un xénero xornalístico diferente cada unha: unha entrevista e un artigo de opinión. As reflexións sobre a realidade dos debuxos dos alumnos de primaria e de educación especial combináronse cos xéneros xornalísticos elaborados por alumnos de secundaria, bacharelato e formación profesional.

O xurado estivo presidido por María José Arrojo Baliña, subdirectora da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e composto por César Casal González, subdirector de Información de La Voz de Galicia; Carlos Ocampo Pérez-Gorostiaga, coordinador de La Voz de la Escuela; Luis Pousa Rodríguez, jefe de Opinión de La Voz; Sandra Faginas Souto, redactora de La Voz de Galicia; Maica Simón Gómez, xornalista do departamento de Comunicación da Corporación Voz de Galicia; e Romina Sande Lago, coordinadora do Programa Prensa-Escuela, que exerceu como secretaria.

Scan

PRIMEIRO PREMIO. Ana Isabel Casado Sainz. CEIP Castrelo de Miño (Castrelo de Miño, Ourense).

Premio: unha fin de semana no Parque Warner para catro persoas. 

Premio á profesora: Virginia Álvarez González. 

Scan

SEGUNDO PREMIO. María González Feria. CPR Montespiño (A Coruña)

Premio: un reprodutor de MP3.

Premio á profesora: Teresa Wicke Ruíz-Mateos. 

Scan

TERCEIRO PREMIO. Erika Iglesias Gayol. CEIP Plurilingüe Vista Alegre (Burela-Lugo).

Premio: un maletín con set de pinturas.

Premio á profesora: Belén Prieto Villar. 

Premio para os profesores: unha fin de semana para dúas persoas nun hotel con encanto.

CATEGORÍA INFANTIL NIVEL B (3.º, 4.º, 5.º E 6.º DE PRIMARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL)

O nivel B de infantil, un pouco máis esixente, pide unha redacción que resuma a noticia na que se basea o debuxo

A innovación tecnolóxica espertou o interese e a creatividade da gañadora do primeiro premio dos más maiores dos pequenos. As gafas de realidade aumentada para os turistas que cheguen a Santiago foi unha noticia que percorreu todo o territorio español alá polo mes de xaneiro e, de seguro, chegou máis aló das nosas fronteiras, grazas á repercusión que adoita ter a feira do turismo, Fitur, en todo o mundo. O traballo de Montse Fernández explica que son os anteollos do seu acertado titular: un enxeño que proporciona imaxes virtuais da historia da capital de Galicia en conexión cunha aplicación que se descarga no móbil.

A autora do segundo premio, Noa Pérez, fala da campioa de España xúnior de 5.000 metros, que explica que a preparación mental é tan importante como a física para ser un verdadeiro número nas competicións deportivas. E unha historia de superación, moi seguida polos lectores de La Voz, foi o tema elixido por Aldara Alonso para concursar e levar o terceiro premio. Fala o seu debuxo, e mais o texto, de Desirée Vila, unha ximnasta do clube Flic Flac, de Vigo, que perdeu unha perna e comezou unha campaña para recada fondos para unha prótese.

Scan

PRIMEIRO PREMIO. Montserrat Fernández González. CPR Montespiño (A Coruña)

Premio: unha fin de semana en Port Aventura para catro persoas.

Premio á profesora: Carmen Méndez Mao.

Scan

SEGUNDO PREMIO. Noa Pérez Viso. CEIP Castrelo de Miño (Ourense)

Premio: unha cámara de fotos dixital.

Premio á profesora: Carolina Varela Marra. 

Scan

TERCEIRO PREMIO. 

Aldara Alonso González. CEIP Emilia Pardo Bazán (Vigo)

Premio: uns altofalantes con reprodutor de música incorporado.

Premio á profesora: M.ª Carmen Pampín Rúa.

Premio para os profesores: unha fin de semana para dúas persoas nun hotel con encanto.

MODALIDAD ENTREVISTA. PREMIOS

PRIMEIRO PREMIO. Mireya Rodrígues Fernández. IES Lauro Olmo (O Barco, Ourense). Unha fin de semana en Londres para catro persoas.

Premio ao profesor: Eladio Santos Martínez. 

SEGUNDO PREMIO. Marta López Villar. IES Campo de San Alberto (Noia, A Coruña). Unha cámara de fotos dixital.

Premio á profesora: Ana M.ª Campo López. 

TERCEIRO PREMIO. Valeria Iglesias Rodríguez. CPR Compañía de María (Vigo). Uns auriculares inalámbricos con micrófono incorporado.

Premio á profesora: M.ª Jesús Patiño Sotelo. 

(Premio para os profesores: unha fin de semana para dúas persoas nun hotel con encanto).

MODALIDAD OPINIÓN. PREMIOS

PRIMEIRO PREMIO. Noelia Peiteado Mejuto. CPR La Salle (Santiago). Unha fin de semana en Londres para catro persoas.

Premio ao profesor: Xoán Rilo Toubes.

SEGUNDO PREMIO. Máximo Reija Ríos. IES Ribadeo Dionisio Gamallo (Ribadeo). Unha «tablet».

Premio ao profesor: José Manuel Yáñez Dablanca. 

TERCEIRO PREMIO. David Cebreiros López. CPR Divina Pastora (Ourense). Un disco duro externo de 64 GB.

Premio ao profesor: Gonzalo Sánchez Busóns. 

(Premio para os profesores: unha fin de semana para dúas persoas nun hotel con encanto).