Unha concelleira de Nigrán leva ao pleno á súa filla de 2 meses

La Voz

GALICIA

Tívolle que dar o peito dúas veces durante a sesión

26 sep 2014 . Actualizado a las 18:30 h.

Dolores Araújo, concelleira do PSOE de Nigrán, acudiu onte ao pleno coa súa filla Lúa, de so dous meses, á que lle tivo que dar o peito dúas veces durante a sesión. Araújo dixo que levou á nena porque non tiña con quen deixala, pero tamén como xeito de reclamar medidas de conciliación reais: «Como muller e política quero cambiar as cousas, e hoxe viuse que non hai conciliación posible para participar dos espazos públicos reservados aos homes».