«O mariñeiro ten que saír sabendo canto vai pescar e canto vai cobrar»

GALICIA

El secretario xeral de Mar aposta pola especialización das lonxas en determinados produtos.
El secretario xeral de Mar aposta pola especialización das lonxas en determinados produtos. paco rodríguez< / span>

Maneiro evita falar do peche de lonxas, pero avoga pola súa especialización

18 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Non cre que haxa aínda que acender as luces de alarma. Juan Maneiro (Vilagarcía, 1958) admite que a pesca galega, como actividade económica que é, atravesa un momento complicado, pero non moi distinto doutros períodos que xa pasaron e dos que o sector saíu reforzado.

-¿Está o sector nun momento de baixa autoestima con todo o que le está pasando, a punto de tirar a toalla?

-Creo que non. Nin sequera os vexo pesimistas. A proba de que creo no seu futuro son as eleccións ás confrarías. A percepción era que ía ser un proceso de pouca transcendencia, e houbo máis dun 60 % de participación, certo que variable por zonas. Vexoos, iso si, preocupados, como estamos nós como Administración.

-¿E que aspecto é o que máis inqueda?

-Eu resaltaría a necesidade de revalorizar o produto. Os prezos, salvo contadas excepcións, están baixos, máis do que sería desexable e do que era habitual. A tendencia ao mantemento ou incremento das cotizacións se rompeu nun momento dado, hai pouquiños anos e non se da recuperado.

-¿E cómo se soben os prezos? ¿Está a clave no futuro decreto de comercialización?

-O decreto, que está preparado para publicarse, pero xuridicamente se nos recomendou esperar a que Madrid publicase o nacional, non vai tanto a contribuír a subir os prezos, senón a poñer o marco no que desenvolver logo as actividades, non só a primeira venda, que é a fase final de todo un proceso de fixación de cotizacións. ¿Como mellorar a comercialización e o prezo de venda? É complicado dicilo porque interveñen moitos factores. Por por un exemplo, no marisqueo na ría de Arousa hai unha excesiva división da comercialización. Hai moitas lonxas, con horarios de subasta coincidentes, e os compradores teñen que desprazarse a varias para adquirir produtos. Ao mellor había que ir plantexando que esa comercialización, xa non vou falar de concentración, se fixera cun sistema parecido ao que se emprega coa vieira, no que se sae a traballar coa cantidade a capturar cada día pactada entre o comprador, que é a empresa transformadora, e os mariñeiros, a confraría que organiza, e cun prezo fixo. De este xeito, o mariñeiro sae ao mar sabendo cánto ten que capturar e cánto vai gañar. Non digo que ese modelo sexa exportable a todo e que sexa doado de facer, pero haberá que ir a ese tipo de modelos, nos que máis que inundar o mercado con oferta se traballa en función da demanda. Se está dando ese salto tamén no peixe, onde xa hai confrarías vendendo directamente para a gran distribución. É complicado negociar os prezos con estas cadeas, pero xa estás acompasando oferta e demanda. Un dos grandes problemas que temos, sobre todo coas peláxicas no caso dos peixes, é que, en momentos puntuais, hai unha sobreoferta que o que fai é baixar os prezos. ¿Que é complicado poñer de acordo, como no caso do cerco, a 150 barcos? ¡Claro que é complicado, pero haberá que empezar a facelo!

-¿Nese proceso de reestruturación sobran lonxas?

-Efectivamente temos un corpo de lonxas moi amplo, pero non me atrevo a dicir que teñan que desaparecer. Si que ten que haber unha concentración de produtos en determinadas lonxas, como xa está pasando dunha forma non planificada. Isto é, cando un mariñeiro vai a A Coruña ou a Vigo en detrimento do seu porto, é porque ten mellores prezos alí. Logo, hai lonxas que se poden especializar, como Vilanova coa nécora, outras co polbo ou O Grove coa centola.

-¿O peche é a evolución lóxica?

-Non, porque non se deu ningún peche. Perden a actividade xeneralista e quedan especializadas. Hai que ter en conta que as lonxas, salvo excepcións, son unha parte das confrarías e estas teñen que modernizarse e ofrecer outro tipo de servizos, potenciar a labor social que teñen e manter nas vilas mariñeiras ese estatus de institución que teñen dentro do pobo.

-Pero en algunhas lonxas a actividade é residual, se é que a hai. -Bueno, están facendo esforzos por manter a lonxa, entón algún sentido ten que ter para eles mantela. Nós, dende a Administración, tamén contribuiremos, sempre dende un criterio de eficacia, mantela por manter, non.

Juan maneiro secretario xeral de mar