As primeiras páxinas web .gal comezarán a funcionar o 25 de xullo

Elisa Álvarez González
E. Álvarez SANTIAGO

GALICIA

Serán un máximo de 90, que terán exclusividade ata finais de ano

16 may 2014 . Actualizado a las 18:12 h.

O primeiro dominio .gal xa está en marcha. É a web www.dominio.gal e o presidente da Xunta, Núñez Feijoo, e o presidente da asociación Puntogal, Manuel González, foron os encargados de facer o acendido oficial. A partir de agora comeza o proceso de implantación do .gal en Internet e farase en varias fases. Na primeira, denominada pioneiros, haberá un máximo de 90 solicitudes e terase en conta a representatividade do solicitante e o feito de que sexan institucións públicas. Estas noventa webs estarán ademais na rede de forma exclusiva desde o 25 de xullo ata finais de ano, aínda que o prezo tamén será máis elevado do habitual. A partir de ahí abriránse outras tres novas etapas para incorporar a aqueles dominios que teñan dereito prioritario; para empresas ou particulares con intereses comerciales; e finalmente unha derradeira fase aberta xa para calquera particular.

Manuel González, presidente da asociación Puntogal, lembraba que este é o fin dun proxecto que comezou no 2006 con máis dun centenar de institucións implicadas e que «repercutirá no aumento da nosa estoestima como galegos».

Finalmente, Núñez Feijoo engadiu que máis alá dun beneficio económico, porque o dominio e as web.gal tributarán en Galicia, este paso suporá unha maior proxección no mundo dixital «e un salvoconducto para que Galicia se vexa no mundo».