A favor do control das retribucións dos alcaldes, pero en contra da redución de concelleiros, Non así no caso dos deputados autonómicos e provinciais. Rafael Louzán cre que é algo que hai que facer nas corporacións provinciais e no Parlamento, pero non nas corporacións locais. Por unha simple razón: «a maioría non cobran».
-¿Redución entón si do número de deputados provinciais?
-Si. Pero eu quería facer unha defensa da labor dos alcaldes. O problema que ten este país non é o número de concelleiros nos municipios. A maior parte non cobran, son concelleiros de vocación. E teño que dicir que os alcaldes, a inmensa maioría, teñen gañado o salario a pulso. E as veces son inxustamente tratados. Si é certo que é necesaria unha regulación para saber cales son as cantidades que teñen que cobrar. Se debe haber unha redución no Parlamento e nas deputacións. Claro que o BNG e o PSOE por un lado se colgan das pancartas para pedir adelgazar a Administración e polo outro están en contra da redución de deputados.
-Cando se abre o debate sobre a redución de cargos políticos sempre hai unha enorme resistencia, mentres os cidadáns asumen con maior ou menor resignación os recortes que se lles aplican.
-Direi unha cousa. Modelo Feijoo: se eliminaron delegados provinciais, se eliminaron coches oficiais, se reduciron os soldos, se reduciu o número de conselleiros do Goberno de Galicia, se van eliminar deputados... Son decisións que se tomaron aquí e que logo se foron aplicando noutras comunidades autónomas. A pregunta é: ¿Se pode reducir máis? Probablemente.
Más información