«Apoio ao partido a morte, pero estou en contra das fusións»

m. a. ourense / la voz< / span>

GALICIA

03 abr 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Fusións de facto. Ese concepto, creado polo presidente da Deputación e do PP ourensán, José Manuel Baltar, calou entre os alcaldes da provincia. «Nós na nosa comarca levamos moitos anos facéndoo. Temos unha mancomunidade que funciona de marabilla e sacamos todo adiante por unanimidade aínda que hai algún concello da outra cor política. Temos fusionada a recollida de basura, os servizos socias, a recadación...», explica o alcalde popular de Oímbra, Alfonso Villarino.

-¿É diso do que falaron nas reunións para constituír un grupo de presión contra as fusións?

-Prefiro non comentar nada dese tema.

-Pero eses movementos poden interpretarse como un conflito coa dirección do partido.

-Non hai ningún conflito. Simplemente pensamos que estamos a gusto como estamos. Outros organismos, como a Xunta e a Deputación, que nos axuden, que é o que teñen que facer. A mellor maneira, a máis eficaz e a máis barata de prestar servizos aos veciños e á través dos concellos. Eu apoio ao partido a morte e o teño demostrado moitos anos, pero estou en contra das fusións.

-¿Atenden na Fegamp as necesidades dos concellos pequenos?

-Nos concellos grandes non teñen moita idea de como nos administramos os pequenos e o presidente da Fegamp é dun concello grande. Supoño que agora nos terán máis en conta.