«Nestes momentos Galicia non podería concertar o bacharelato»

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

Nos últimos días, o foco das novas educativas estivo en Madrid, co anuncio do ministro Wert de ampliar o bacharelato, suprimir Educación para a Cidadanía ou facer avaliacións externas aos centros. Vázquez amosa a súa conformidade con todas, pero precisa que o bacharelato non se pode concertar totalmente.

-Sindicatos e oposición temen que co novo bacharelato se concerte esta etapa.

-Non, paréceme positivo que se reforce o bacharelato e estamos totalmente de acordo. Con respecto aos concertos estamos á espera de que se desenvolva a proposta.

-Polo que di, case se pode falar dunha imposición.

-En ningún momento foi unha imposición, o que si compartimos é que agora hai que levalo á práctica dunha maneira na que se obteña o maior consenso posible da comunidade educativa.

-¿Pero é partidario de concertar toda a etapa?

-Tería que haber un primeiro ano de bacharelato que ten que ser obrigatorio, iso non significa máis. E non significa máis porque nós neste momento, como comunidade autónoma, non poderiamos dar ese paso de concertar o bacharelato, porque ten que haber un decreto e uns fondos, e non os teño.