«Neste momento é preciso que quen máis teña máis aporte nas taxas universitarias»

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

O anterior goberno de Rodríguez Zapatero contemplaba esa opción e cada vez é un argumento máis compartido: as taxas universitarias, que apenas cobren unha mínima parte do custe real, teñen que adaptarse ao nivel de ingresos das familias. Coincide nesta premisa o conselleiro, aínda que aclara que hai que mellorar a política de becas para iso.

-¿É partidario de vincular a matrícula á renda?

-Estamos nun momento no que é necesario que quen máis teña aporte máis. Pero para que poidan ser modificadas as taxas de matrícula, é necesario modificar previamente o sistema de becas, para que haxa a garantía de que o modelo de subvencións é dabondo para que calquera que queira estudar e teña cualidades o poida facer con total liberdade. Galicia é unha das comunidades que máis esforzos fixeron por tratar de manter as taxas universitarias sen subidas e non prexudicar así aos máis débiles.