Outros criterios

Miguel SantalicesJavier Martínez

GALICIA

10 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

inxustiza que se producirá con esta medida en prácticamente todos os casos debería facer reflexionar aos responsables da sanidade. ¿Como se valora o uso axeitado dos recursos? ¿Como se pode sancionar por non comunicar ao sistema sanitario a non utilización dun servizo? ¿Formará parte dos obxectivos de produtividade dos equipos directivos dos centros recadar por esta fórmula? Antes de procurar fórmulas espúreas de ingresos, deberían fixarse criterios de indemnización da mala xestión coa que se dirixe o Sergas. ¿Que pasa cando o usuario acode e falta o profesional? Unha boa xestión confundiría menos aos usuarios, que xa non cometerían os erros que se lle imputan para cobrarlles. Por favor, non reinventen o copago.

É

A