Méndez Ferrín, galardoado co Premio Fernández Latorre

La Voz REDACCIÓN/LA VOZ.

GALICIA

A acta cualifica aoautor como «a figura fundamental das letras galegas no último medio século»

25 jul 2010 . Actualizado a las 10:29 h.

O escritor e presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, foi galardoado co Premio Fernández Latorre na súa 52.ª edición, en recoñecemento á súa fecunda traxectoria literaria e periodística.

A acta da reunión recolle así a decisión do xurado:

«O Padroado da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, constituído en Xurado para fallar o LII Premio Fernández Latorre, instituído en memoria do fundador de La Voz de Galicia, acordou conceder por unanimidade:

»O Premio Fernández Latorre na súa edición do 2010, dotado con 10.000 euros, a Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor e presidente da Real Academia Galega.

»O xurado tivo en conta a súa longa e fecunda traxectoria literaria, que o ten convertido na figura fundamental das letras galegas do último medio século, non só pola súa faceta narrativa e poética, senón tamén pola súa vasta produción periodística e polos seus traballos de investigación e de crítica. Salientou ademais o seu compromiso constante e irrenunciable coa lingua e a cultura galegas, polas que Méndez Ferrín ten traballado con afouteza durante toda a súa vida e que ten inspirado a súa obra literaria, o seu labor docente e investigador e a súa actividade pública.

O xurado desta 52.ª edición do premio estivo composto por: Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente da fundación; Roberto Blanco Valdés, Sergio Cancelo Mallo, Luciano Vidán Martínez, vogais; José Francisco Sánchez Sánchez, vogal e director da fundación; José María Arias Mosquera, José Arnau Sierra, Manuel Fernández de Sousa Faro, Manuel Jove Capellán, José Carlos Martínez Pérez e José Luis Méndez López, patróns de honra da fundación; Xosé Luís Vilela Conde, director de La Voz de Galicia, e Manuel Areán Lalín, vicepresidente da fundación, que actuou tamén como secretario.

A entrega do galardón terá lugar no último trimestre do ano nunha velada que se desenvolverá no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre.