«Estar no banco neste mese medio foi unha anécdota»

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO SANTIAGO / LA VOZ

FUTBOL GALLEGO

JORGE PARRI

SERGIO PREGO, DORO ADESTRADOR DO XALLAS SANTA COMBA

02 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O centrocampista Sergio Prego Cancela, Doro (Santa Comba, 1977), estivo mes e medio no banco do Xallas Santa Comba. Tempo suficiente para asinar a permanencia do equipo na Preferente Autonómica e acadar a Copa da Costa, logo dunha apretada final perante o Corme. Doro comezou nas categorías inferiores do Castriz, estivo un ano no Malpica e dous no Negreira. Logo, xa puxo a camiseta do Xallas ao longo de máis dunha década. Con estes tres equipos xogou na Terceira División. O ano pasado fixo un pequeno parénteses e militou no Dumbría.

?¿Como valora a súa primeira experiencia no banquiño?

?Cando era novo xa adestraba un equipo xuvenil no Castriz, pero o de agora foi unha sorpresa. O clube non quixo asinar un adestrador para os dous últimos encontros, eu estaba mancado e levaba tres meses sen xogar. Os compañeiros falaron coa xunta directiva e me propuxeron a mín levar o equipo ata o final. Aceptei o reto e saíu moi ben.

?Foi un mes e medio para non esquecer.

?Como adestrador xa se acabou, polo menos agora. Foi unha anécdota. Os xogadores decidiron que fose eu, pero xa está asinado Iván Cancela para a tempada que ven.

?Máis non se lle pode pedir a vostede, ¿non?

?Na derradeira xornada cumprimos o obxectivo. Un descenso sería case a morte do clube. Baixar outra categoría logo da unión de Xallas e Santa Comba sería un verdadeiro desastre. Agora xa non temos moitas axudas e nunha división máis abaixo nin quero pensar o que pasaría.

?¿Por que estaba tan abaixo o Xallas?

?Fomos moi irregulares. Eramos quen de gañarlle ao mellor e logo perder cun dos da cola. Tamén tivemos moitas lesións. O adestrador non puido contar cun once tipo para darlle continuidade. As cosas non saíron ben e cando te metes abaixo non é doado fuxir.

?O Xallas Santa Comba partiu con outros obxectivos.

?Tiñamos un equipo para estar da metade da táboa para enriba. Pero as cousas non saíron ben e dende o primeiro da tempada tivemos moitos atrancos e non fomos quen de arrancar.

?¿Como afrontou os dos últimos encontros da liga?

?Con moita ilusión e convencido de que iamos manter a categoría. Foron dous encontros a vida ou morte, dúas finais de verdade. No primeiro deles, perante o Dorneda, sabiamos que non nos valía outra cousa que non fose a vitoria. Deste xeito dependeriamos de nós mesmos na derradeira xornada. O último día perdemos en Ribeira, pero salvamos a categoría porque os nosos rivais directos, Sarriana e Residencia, non foron quen de pasar do empate.

?¿Que Xallas miraremos no futuro?

?Agora, o clube ten que tentar reforzar a plantiña para que non pase o dos últimos anos, o de salvarse do descenso no último momento. A idea deste ano era non pasar apuros, estar na metade de táboa. Na vindeira tempada hai que facer equipo para non estar ata o final ameazados polo descenso.

?Logo de acadar a permanencia, ¿cal foi o plantexamento para a Copa da Costa?

?Para nós, chegar á final e gañar era un premio por todo o esforzo que fixemos ao longo do último mes e medio. Certo é que tivemos moita sorte nos cruces, pois quedaron fóra bos conxuntos coma Outes ou Dumbría. En cuartos e semifinais nos tocaron equipos de Segunda. Na final erramos dous penaltis e tivemos que agardar ata o minuto 80 para marcar o gol. Este título vai servir para coller moral e comezar a nova pretempada con máis ledicia. Un momento así lle facía falla aos xogadores.

?¿Xa pensou no seu futuro?

?Non sei. Levo tres meses co ligamento externo do nocello dereito roto e non sei se poderei seguir xogando. Estou coa rehabilitación e pendente do que diga o médico. Non tiven que pasar pola cirurxía e non me doe. Non me adestro a tope, pero podo trotar e correr. Haberá que agardar a resposta cando haxa carga de traballo e intensidade. Se teño que operarme, está claro que deixo o fútbol.