«Un soño? Traballar con Tim Burton»

FUGAS

Noemí López

Noemí López confiesa que su ilustrador favorito es Quino

18 nov 2016 . Actualizado a las 13:13 h.

AUTORRETRATO DE NOEMÍ LÓPEZ

XIXÓN 1974

PREMIO EXTRAORDINARIO 1996 NA ESCOLA DE ARTES DE LUGO

PREMIOS DO CARTEL DE SAN FROILÁN 1994 E 1998

PREMIO DO CARTEL DO ENTROIDO DE LUGO 2000

BLOG: www.ogatodemilpatas.blogspot.com

Ilustración: “Saturnalia”. Ilustración para o libro “Trece Noites, Trece Lúas. Libro das Marabillas do Nadal”. 2011. Edicións Xerais

1 Qué é o que che inspira?

A música, o bo humor e a paisaxe.

2 Cal é o teu ilustrador favorito de toda a historia?

Teño moreas, pero vou dicir un: Quino.

3 Un ilustrador inxustamente olvidado?

Pois todos aqueles que a ditadura borrou.

4 Se tiveses que definir o teu traballo cunha soa palabra?

Caoticoemocional?

5 Qué che gustaría ser se non foses ilustradora?

Moreas de cousas. Axudante de Tim Burton, por exemplo.

6 Qué é o que menos che gusta de ser ilustradora?

Ter que explicar constantemente que os ilustradores non vivimos do ar.

7 Un cartel dunha película?

O que fixo Mingote para o filme El pisito.

8 Unha escena dunha película?

A de El guateque, cando están todos á mesa, ceando.

9 Un verso?

Xa que estamos no ano de Manuel María:

Galicia é unha nai

velliña, soñadora:

na voz da gaita rise,

na voz da gaita chora...

10 Unha canción que che inspire?

Balada para un loco, de Astor Piazzola, cantada por Roberto Goyeneche.

11 Qué levarías a unha illa deserta?

Unha maleta ben grande e ben chea de cousas, seguro que a maioría inútiles.