05 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.
Galardoado na última edición do premio de literatura erótica Narrativas Quentes, Emma Pedreira sutura aquí un conxunto de historias enguedelladas entre si cun fin lúdico co pano de fondo da desacougo ou do gozo sexual en situacións que abalan entre o surrealismo, o sorprendente e o verosímil, quer a través de personaxes rescatadas da historia, literaria ou non, quer doutras dun tempo actual. Relatos intensos e heteroxéneos en canto á súa formulación técnica, neles non falta humor, por veces convertido en sarcasmo, nin tampouco unha construción coidada, filtrada por veces desde a poética particular da autora que nestas prosas avanza firme e singularmente.
Corazón e demais tripas. Relatos. Emma Pedreira. Positivas. 84 páxinas. 10 euros