«Sempre me complico máis do previsto»

FUGAS

Debuxo para o libro «Los tres cielos» (Auga Editora, 2010)
Debuxo para o libro «Los tres cielos» (Auga Editora, 2010)

15 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Suso Cubeiro (A Coruña, 1954). www.susocubeiro.com

-Sufres ou gozas cando traballas?

-Case sempre teño tres fases. Ó principio penso: «isto está chupao»; durante o proceso: «son un fraude, e non vou ser quen de rematalo», e cando xa o rematei (case sempre, claro): «bueno, pois parece que vai valer».

-Cales son as túas influencias?

-Rien Poortvliet, Brian Froud e Masao Saito.

-Cal é para ti o mellor ilustrador da historia?

-Gustavo Doré.

-Un consello a un ilustrador xoven?

-Que tente ser o mellor. Seguramente non o faga, pero é o xeito de superarse.

-Qué sentes cando estás debuxando?

-Que sempre me complico máis do previsto.

-Tes algunha manía na túa rutina de traballo?

-Levantarme cada cinco ou dez minutos para pensar. Non son quen de pensar sentado.

-É importante a ensinanza do debuxo na escola?

-Sempre que o profesor sexa como Deus manda, si. O malo é cando che toca alguén que nin sequera ten uhna mínima idea do tema porque non é a súa materia e non a estudiou. Isto si que pode resultar moi contraproducente.