Oportuno e imprescindible

R. Nicolás

FUGAS

24 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Subtitulada «A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931)», esta monografía constitúe un verdadeiro acontecemento editorial que non debería pasar ignorado. Nela, o profesor Insua deita unha parte da súa longa traxectoria como investigador e percorre, con minuciosidade, rigor e afán totalizador, manexando unha bibliografía monumental e outorgándolle a relevancia precisa ás fontes documentais, as máis das dimensións posibles que as Irmandades da Fala como obxecto de estudo poden suscitar, destacando o papel primordial que Antón Villar Ponte desenvolveu como promotor da mesma. Insustituíble para ollar o noso pasado, tamén cara ao futuro, con garantías.

A nosa terra é nosa! Ensaio. Emilio Xosé Insua. Baía Edicións. 752 páxinas. 29,50 euros