As lentes lilas

R. Nicolás

FUGAS

MARCOS MÍGUEZ

O poeta de Lalín Carlos Negro dá luz en «Masculino Singular» ás eivas e escravitudes da sociedade patriarcal

24 may 2016 . Actualizado a las 20:01 h.

Os resultados que Carlos Negro consegue entre o lectorado, non exclusivamente adolescente, para derrubar prexuízos e estereotipos, evidenciar as eivas e as escravitudes que encerra unha sociedade patriarcal e, por extensión, ampliar os horizontes do que hoxe é a poesía, son extraordinarios e podo dar fe deles. Neste libro calza, moi conscientemente, as lentes lilas para transitar de novo por eses camiños nos que provoca interseccións sorprendentes entre o lúdico e o reivindicativo. Ironía, humor, chiscadelas textuais con outras voces e heteroxeneidade formal para construír novos tempos con novas sensibilidades.

 Masculino singular. Poesía. Carlos Negro. Xerais. 88 páxinas. 12,50 euros