Evocación das Irmandades da Fala

R. Nicolás

FUGAS

A revista «Murguía» dedica o seu último número ao movemento principal da historia contemporánea de Galicia a piques do centenario do seu nacemento

06 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

En poucos días celebrarase o centenario do nacemento das Irmandades da Fala na Coruña: un acontecemento que marca, dalgún xeito, o comezo do segundo Rexurdimento galego. Neste sentido, e cun excelente criterio, esta entrega da revista de historia Murguía ocupa boa parte dos seus contidos con distintas colaboracións que asedian un monllo de aspectos vinculados, dun ou doutro xeito, con este tempo e con este movemento fulcral para a historia de Galicia como son os relativos á importancia depositada na lingua galega ou á ideoloxía que as Irmandades abrazaron e promoveron con convicción e teimosía.

As Irmandades da Fala e Galiza do seu tempo. Revista. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (dir.). Instituto Galego de Historia. 152 páxinas. 13 euros