Lóstregos poéticos

R. Nicolás

FUGAS

VÍTOR MEJUTO

18 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

«Tesouras do riso / para cortar (polo san) / todo o que incomoda». Velaí un exemplo destas intervencións literarias, heterodoxas e interartísticas que o ensaísta, pintor e poeta Antón Patiño compila neste libro e nas que deita moito da súa singular e intransferible ollada ensaística, pictórica e poética, claro é, abeirándose ao discurso breve e esencializador, á ironía, á querenza polo espírito de vangarda e á vontade de intervir no presente. Todo ao servizo de explicar, e explicarnos, as claves dunha cosmogonía que entende o riso como ferramenta para subverter a realidade e a percepción que dela temos.

Teoría do riso. Poesía. Antón Patiño. Xerais. 120 páxinas. 13,50 euros