Actual e brillante

R. Nicolás

FUGAS

Kalandraka reedita o ata agora inaccesible poemario de Álvarez Torneiro galardoado co premio Esquío en 1994

11 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Galardoado co premio Esquío hai vinte anos, dar con esta coidada reedición supón confirmar como os grandes libros adquiren, co paso do tempo, irisacións que multiplican e asentan o seu valor literario. Daquela indagaba o autor nas potencialidades da linguaxe e ninguén dubida que o seu traballo enriqueceu a nosa tradición poética. Os asuntos recreados non son rescaldos, antes ben, lume intenso, como demostra o percorrido nítido polos ángulos da memoria e por esa ollada atenta aos vieiros que transitan os silenciados; todo isto sostido coa musicalidade que outorga un acaído e estudado ritmo. Unha sorte ter nas mans este valioso libro, ata agora innacesible, de Álvarez Torneiro.

Rigorosamente humano. Poesía. Manuel Álvarez Torneiro. Kalandraka. 104 páxinas. 12 euros