Espello da vida

R. Nicolás

FUGAS

11 mar 2016 . Actualizado a las 03:29 h.

Festa no xardín. Relatos. Katherine Mansfield. Tradución de Estela Villar Nogueira. Rinoceronte. 242 páxinas. 18 euros

Volver os ollos á obra literaria de Katherine Mansfield (Wellington, Nova Zelandia, 1888 - Fontainebleau, 1923) posibilita achegarse a unha voz vigorosa, singular e dominada por unha elevada intensidade emocional que nunca esmorece. Ben o testemuña este Festa no xardín, o seu derradeiro libro publicado en vida, onde se encerran relatos nos que agroma o desacougo e o medo dos personaxes diante do devalar das súas propias vidas, transmitidas sempre cunha transparencia non exenta de alento poético.