O fulgor cristalizado

R. Nicolás

FUGAS

28 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Galardoado co premio de poesía Concello de Carral, Oriana Méndez fai uso dunha imaxinística de forte impacto estricando a gramática ata o límite. Con isto vehiculiza, desde a concepción das persoas como «corpos para a caza», unha declarada vontade de aprehender o esencial, de «atravesar a escritura» e interrogar «a liña da vida» aplicando un inequívoco devezo subversivo. Con estas bases constrúe un libro esixente que se asoma criticamente a un tempo presente para cuestionar o poder, a presenza do que simbolizan as tiranías, o que se desmantela impunemente e a propia vida do idioma: «esa saba desafiuzada».

O que precede á caída é branco. Poesía. Oriana Méndez. Espiral Maior. 54 páxinas. 13 euros