Reedición novidosa

R. Nicolás

FUGAS

21 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Caride Ogando ideou hai tempo unha historia chea de feitizo e engado ao abeiro de espazos simbólicos como Oseira onde fixo converxer, con envexable ritmo, misterios, pescudas inquisitoriais e lendas de diverso carácter. Urco reedítaa oportunamente, engadindo algún material novo e converténdoa, ademais, na primeira novela en galego que incorpora o recurso tecnolóxico da «realidade aumentada» desde a súa cuberta, combinando así a visión da contorna física con elementos dixitais grazas a unha aplicación gratuíta disposta desde un dispositivo móbil. Un paso adiante, e pioneiro, no libro galego que se fai preciso saudar.

O frío azul. Novela. Ramón Caride. Urco Editora. 140 páxinas. 12 euros