Aquén e alén do mar

R. Nicolás

FUGAS

Iria Collazo estréase cunha novela abeirada ás denominadas propostas narrativas de fronteira co mar como presenza omnímoda que rexe tempo, espazo e personaxes

14 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Abeirada ás denominadas propostas narrativas de fronteira, esta suxestiva e prometedora estrea de Iria Collazo articula unha novela sólida onde a presenza omnímoda do mar rexe, coas súas propias leis, as vidas dos protagonistas: os que están e os que xa non están. Tamén é o mar quen goberna o tempo e o espazo dun xeito diferente a como o entendemos para que á súa sombra se diten sucedidos, lendarios ou non, alentando á mantenta entre a realidade, a historia e a ficción. Un monllo de personaxes a vivir historias de amor e de resistencias que precisan, sempre, unha áncora que as amarre á esperanza.

Coma unha áncora. Narrativa. Iria Collazo López. Galaxia. 128 páxinas. 11,10 euros