Versos para encher ausencias

R. Nicolás

FUGAS

07 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Galardoado na XVIII edición do premio Francisco Añón de poesía, é este un libro dunha das autoras de máis firme e inequívoca progresión nos últimos tempos. Concibido desde as instancias do diálogo xenérico, harmoniza con fortuna a inspiración poética cunha roupaxe dramática e afonda as súas raíces nunha temática universal como é a morte. O motivo aquel que Vázquez de Neira entendeu igualitariamente como «néboa, sombra, po, vento e fume» muda aquí en canto simbolicamente rico, íntimo, catárquico e transido por unha emoción tanxible. Versos hai, neste libro, para aprender de memoria.

Doe tanto a túa ausencia. Poesía. Eli Ríos. Prólogo de Verónica Delgado. Concello de Outes. 68 páxinas