O «pai» de Faulkner

Ramón Nicolás

FUGAS

O selo Irmás Cartorné trae ao galego «O triunfo do ovo», un monllo de relatos de Sherwood Anderson sobre a vida cotiá no que latexan ironía, subversión e desacougo

03 abr 2015 . Actualizado a las 20:35 h.

Virginia Woolf subliñou que Sherwood Anderson fora quen de crear un mundo propio e Faulkner recoñeceuno como o seu pai literario: non é pouca cousa. Ninguén dubida que este narrador abrazou a vida e a escrita con paixón,  entendendo ambas as dúas como grandes aventuras. Unha mostra do seu traballo chega á nosa lingua a través do selo Irmás Cartoné, que agasalla de cando en vez verdadeiras e coidadas alfaias. Este é un exemplo, pois posibilita agarimar un monllo de historias nas que, baixo unha aparente sinxeleza adornada co nimbo do cotián, latexan pousos irónicos e desacougantes, por veces subversivos e sempre inconformistas.

O triunfo do Ovo. Sherwood Anderson. Tradución de Carlos Valdés e Celia Recarey. Relatos. Irmás Cartoné. 232 páxinas. 12,5 euros