Rosalía, sempre

R. Nicolás

FUGAS

Trinta e cinco voces poéticas de hoxe dialogan coa obra rosaliana cun resultado espléndido

27 feb 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Esta semana celebramos moitas persoas, cadaquén ao seu xeito, o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Axudou a isto a aparición deste audiolibro, promovido pola Fundación que leva o nome da poeta xunto co programa Diario Cultural, da Radio Galega, onde se xestou orixinalmente para celebrar o sesquicentenario da publicación de Cantares Gallegos. Trinta e cinco voces poéticas de hoxe, plurais e diversas, a dialogar coa obra rosaliana deitan un resultado espléndido. É cousa de lelos e oílos e daranme a razón.